As Xornadas de Folclore chegan a Ourense como antesala do evento de clausura que terá lugar mañá no Castelo de Ribadavia.
A Praza Maior de Ourense acollerá un evento no que participan 6 grupos internacionais que levan dende o día 8 percorrendo a provincia.
As Xornadas de Folclore chegan a Ourense
As agrupacións procedentes de Colombia, México, Indonesia, Angola, Costa de Marfil e Chile ofrecerán un vistoso espectáculo a partir das 23h. Como antesala do espectáculo, os grupos percorrerán o centro da cidade ofrecendo un colorido desfile. Ás 22:30h, o desfile comezará no Parque de San Lázaro para percorrer a rúa do Paseo, Lamas Carvajal e chegar á Praza Maior.
As Xornadas de Folclore están organizadas pola Deputación provincial de Ourense e o Centro da Cultural Popular Xaquín Lorenzo. Na edición de 2022, estas xornadas percorreron as principais vilas da provincia para ofrecer numerosos espectáculos de música e danza tradicional.
Folclore na Praza Maior de Ourense
Martes, 16 de agosto ás 23h.
Desfile Previo ás 22:30h con saída no Parque de San Lázaro.