A Deputación de Ourense vén de licitar a construción de aseos públicos en Cachamuíña, no Pereiro de Aguiar, para mellorar os servizos nun dos espazos naturais máis frecuentados da contorna da cidade.
O proxecto conta cun orzamento de 172.054,71 euros e un prazo de execución de oito meses.
Novos aseos públicos para reforzar os servizos en Cachamuíña
Inclúe un módulo de aseos totalmente equipado e as instalacións necesarias, cumprindo coa normativa de accesibilidade, seguridade e eficiencia.

Esta actuación enmárcase no investimento global de máis de 560.000 euros realizado pola Deputación en Cachamuíña, onde xa se executaron melloras como un parque infantil inclusivo, unha pasarela peonil ou un parque canino.

