As atletas Aitana Capeáns, Sabela Castelo e Noa López participaron no Campionato de Europa Sub18, celebrado en Rieti (Italia), con presenza nas súas respectivas probas.
Aitana Capeáns rematou 12ª na final de lanzamento de peso, despois de establecer previamente un novo récord galego Sub18 con 15,69 metros. Esta marca permitiulle acceder á final europea e situarse entre as mellores lanzadoras españolas da historia da categoría.
Tres atletas ourensás compiten no Europeo Sub18
Pola súa banda, Sabela Castelo, afectada por unha infección vírica, terminou tamén na 12ª posición na final dos 3.000 metros, cun tempo de 9:48.52.
Finalmente, Noa López disputou a súa primeira competición internacional no lanzamento de martelo. O seu mellor lanzamento, de 59,03 metros, situouna na décima posición do seu grupo, sen lograr o pase á final.


