Noticias

Avante Ourense propón un pacto ético ás forzas progresistas

A plataforma Avante Ourense propón que PSdeG, BNG, Sumar e Esquerda Unida asuman un compromiso ético para non pactar nin formar gobernos con formacións que, ao seu xuízo, amparen, minimicen ou oculten presuntos casos de agresión sexual ou non actúen con transparencia nestas situacións.

O portavoz da plataforma, Francisco Diéguez, asegura que «a credibilidade da política mídese cando hai que tomar decisións incómodas«. Considera que a defensa das vítimas, a transparencia e a exemplaridade deben situarse por riba dos intereses partidistas.

Avante Ourense propón un pacto ético ás forzas progresistas

No comunicado, Avante Ourense insta ao secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e á candidata socialista á Alcaldía de Ourense, Natalia González, a pronunciarse publicamente sobre esta cuestión. A plataforma sostén que os responsables políticos deben explicar a súa posición en asuntos relacionados coa igualdade, a protección das vítimas e a ética pública.

Avante Ourense propón un pacto ético ás forzas progresistas.

Avante Ourense engade que este compromiso debería ser asumido por todas as forzas progresistas sen excepcións. Confía en que Besteiro e Natalia González ofrezan explicacións públicas nos próximos días.

Botón volver arriba