Noticias

Avante Ourense reclama un pacto local pola sanidade

Avante Ourense presentou as súas propostas en materia sanitaria dentro da campaña “Ourense merece máis”, coa que a plataforma reclama medidas para frear o que considera un deterioro progresivo da sanidade pública na cidade.

A formación sinala como principais problemas a falta de profesionais, a sobrecarga da Atención Primaria, o incremento das listas de espera e a precariedade laboral do persoal sanitario.

Avante Ourense reclama un pacto local pola sanidade

Aínda que as competencias sanitarias corresponden á Xunta de Galicia, Avante Ourense defende que o Concello debe asumir un papel activo na defensa da sanidade pública. Por iso, propón impulsar un Pacto Local pola Sanidade e trasladar de forma permanente ás administracións competentes as necesidades da cidade.

Avante Ourense reclama un pacto local pola sanidade

Entre as medidas presentadas tamén figura a defensa do CHUO e da Atención Primaria, a creación dun Plan Municipal de Saúde Mental e a ampliación da rede de desfibriladores para avanzar cara a unha Ourense Cidade Cardioprotexida.

A plataforma tamén aposta por campañas de prevención das adiccións e por un Plan Municipal de Promoción da Saúde, centrado no fomento dos hábitos de vida saudables e da mobilidade activa. Neste ámbito, propón ampliar a rede de carrís bici da cidade a partir do eixo xa existente.

Esta é a sexta das dez áreas estratéxicas da campaña “Ourense merece máis”, coa que Avante Ourense continúa presentando propostas para avanzar cara a unha cidade máis xusta, moderna, sostible e con mellores servizos públicos.

Botón volver arriba