Noticias

Avante Ourense propón reforzar os Servizos Sociais

Avante Ourense presentou novas propostas para mellorar os Servizos Sociais municipais, centradas na atención ás persoas maiores, a loita contra a exclusión e o reforzo da asistencia social.

A formación enmarca estas medidas na campaña «Ourense merece máis».

Avante Ourense propón reforzar os Servizos Sociais

Segundo trasladou Avante Ourense, a principal iniciativa é a remunicipalización do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para mellorar a calidade da atención e as condicións laborais do persoal. Tamén reclama á Xunta máis financiamento para reducir as listas de espera e ampliar o servizo.

Avante Ourense propón reforzar os Servizos Sociais

A plataforma propón ademais recuperar a xestión pública do Servizo de Comida no Fogar, crear un Plan Municipal contra a Soidade Non Desexada, impulsar o programa «Barrios que Coidan» e desenvolver un plan de atención ás persoas sen fogar e de loita contra as adiccións.

O portavoz, Francisco Diéguez, defendeu que o obxectivo é garantir que «ningunha persoa quede atrás» e que quen necesite apoio poida recibilo con rapidez.

Botón volver arriba