Avante Ourense presentou un plan integral para mellorar a seguridade e os servizos de emerxencias da cidade dentro da campaña Ourense merece máis.
A plataforma asegura que a súa proposta aposta pola prevención, a proximidade e o reforzo dos servizos públicos.
Avante propón reforzar seguridade e emerxencias
Entre as medidas destacan a creación dun Plan Municipal de Policía de Barrio, a modernización da Policía Local, o aumento progresivo do persoal e un plan de reforzo para o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS). Tamén propón potenciar Protección Civil con máis voluntarios, novo equipamento e mellor coordinación cos servizos de emerxencias.
As propostas inclúen ademais un Plan Municipal de Emerxencias, actuacións para mellorar a seguridade viaria, unha Cidade Cardioprotexida, unha Unidade de Mediación Comunitaria, un plan de iluminación pública e medidas de prevención da violencia machista e dos delitos de odio.

“Quen nos protexe tamén merece sentirse protexido. Non podemos seguir esixindo máis aos nosos profesionais sen ofrecerlles os recursos humanos e materiais que necesitan”, afirmou Francisco Diéguez.

