O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou en Larouco unha das boticas incluídas nas zonas farmacéuticas especiais, destinadas a garantir a atención no rural.
A medida, publicada no DOG o 18 de febreiro, establece apoios para asegurar a viabilidade das farmacias en áreas con baixa densidade de poboación ou con dificultades económicas.
A Xunta reforza o apoio ás farmacias rurais en Larouco
Na provincia hai 18 concellos con esta consideración, entre eles Larouco.

Axudas abertas ata o 22 de maio
A Xunta ten aberto o prazo dunha liña de axudas dotada con preto de 100.000 euros para compensar gastos e facilitar a continuidade do servizo. As achegas permitirán contratar persoal para quendas de garda e favorecer a conciliación.
A subvención poderá acadar ata 18.000 euros anuais por beneficiario, cun pagamento anticipado do 100 %.

