A Xunta de Galicia destina máis de 920.000 euros a 31 concellos de Ourense de ata 10.000 habitantes para mellorar as súas infraestruturas turísticas e reforzar o turismo no rural.
O delegado territorial, Manuel Pardo, destacou este investimento durante unha visita a Oímbra, onde, xunto á alcaldesa Ana Villarino, supervisou o soterramento da cableaxe no acceso ao Museo das Barrocas, cunha achega de preto de 30.000 euros.
A Xunta mobiliza 920.000 euros para o turismo rural en Ourense
A Xunta mantén aberto ata o 17 de abril o prazo dunha nova convocatoria, dotada con 2 millóns de euros, que permitirá financiar actuacións como mellora de accesos, sinalización, iluminación ou creación de miradoiros e rutas.

Estas axudas buscan consolidar un modelo turístico baseado na calidade, sustentabilidade e equilibrio territorial.

