O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou en Ribadavia a dous beneficiarios das axudas para adquisición de vivenda en centros históricos da convocatoria de 2025, que recibiron 2.900 euros cada un.
Pardo lembrou que está aberto o prazo dunha nova convocatoria ata o 15 de outubro, que inclúe tamén a compra de vivenda protexida.
A Xunta abre axudas para vivenda en centros históricos
A Xunta destina 2 millóns de euros a estas liñas para facilitar o acceso á vivenda e dinamizar os cascos históricos.

As axudas poderán solicitalas persoas que mercaran vivenda entre o 15 de outubro de 2025 e o 15 de outubro de 2026, sempre como residencia habitual. Ademais, son compatibles cos avais da Xunta, abertos ata o 30 de outubro, que mobilizan ata 5 millóns de euros.
Na provincia de Ourense, o pasado ano houbo 15 beneficiarios destas axudas, cun investimento superior aos 152.000 euros.

