Noticias

Galiwork, exemplo das subvencións da Xunta ao emprego en Barbadás

O apoio da Xunta ao emprego autónomo en Barbadás materializouse coa visita do delegado territorial, Manuel Pardo, ao negocio local Galiwork.

Este establecemento é un dos beneficiarios das axudas autonómicas para a contratación indefinida e a formación de persoas desempregadas.

Galiwork, exemplo das subvencións da Xunta ao emprego en Barbadás

Pardo, acompañado do alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, coñeceu de primeira man este establecemento. Galiwork recibiu unha achega de 5.175 euros destinada á contratación dunha traballadora a tempo parcial.

Galiwork, exemplo das subvencións da Xunta ao emprego en Barbadás
Foto: Delegación da Xunta

Este negocio forma parte dos 27 establecementos da provincia de Ourense que accederon a estas subvencións no ano 2025.

Durante a visita, o delegado territorial lembrou que permanece aberto o prazo dunha nova convocatoria destas axudas ata o 30 de setembro. O obxectivo desta liña de subvencións é favorecer a creación de emprego estable e impulsar o crecemento das pequenas unidades produtivas con capacidade para xerar novos postos de traballo.

Neste sentido, a iniciativa busca facilitar que as persoas traballadoras autónomas poidan afrontar os custos derivados da contratación, mediante a concesión dunha contía fixa que contribúa á consolidación do tecido empresarial local.

Botón volver arriba