Noticias

Barbadás premia ós máis activos na lectura

O concello de Barbadás premia ós usuarios da Biblioteca Municipal máis activos na lectura coincidindo coa celebración do Día de Rosalía.

O venres, 23 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía ó ser a data do nacemento da poetisa galega máis importante.

Barbadás premia ós máis activos na lectura

Coincidindo con esta celebración, o concello de Barbadás quere premiar a aqueles usuarios máis activos entregándolles un lote de libros. As persoas que acumulasen máis préstamos de exemplares durante o ano 2023 serán recoñecidos nas categorías infantil, xuvenil e adulto.

Esta iniciativa ten como obxectivo «contaxiar a paixón pola lectura a todos os veciños e veciñas e animar á cidadanía a coñecer a nosa Biblioteca» segundo indica a concelleira de Educación, Marga Pérez.

Barbadás premia ós máis activos na lectura

Botón volver arriba