O concello de Barbadás recibe o apoio do Ministerio de Cultura para por en valor a figura de Carmen Martín Gaite no centenario do seu nacemento.
A localidade de San Lourenzo de Piñor será o centro das actividades que o concello de Barbadás organizará para por en valor a figura desta escritora.
Barbadás recibe o apoio do Ministerio de Cultura
Jordi Martí, secretario do Estado de Cultura, e María José Gálvez, directora xeral do Libro, recibiron a Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, Victoria Morenza, tenente de alcalde, e Ana Belén Peleteiro, concelleira de Cultura.
No transcurso da reunión, o Ministerio comprometeuse a apoiar as actividades programadas polo concello de Barbadás mediante subvencións e convenios de colaboración. Entre as propostas que se están programando atópanse:
- Creación dun cómica divulgativo sobre a infancia de Carmen Martín Gaite en Piñor,
- elaboración das unidades pedagóxicas “Piñor, o nacemento dunha escritora”,
- organización dunha exposición itinerante exterior.
- elaboración de recursos divulgativos.
- recursos dixitais,
- visitas guiadas e de escolares,
- etc…
«Dende o Ministerio mostráronse moi receptivos para colaborar con esta iniciativa do Concello de Barbadás e seguiremos traballando para que no seu centenario Carmen Martín Gaite sexa homenaxeada como merece» indicou Victoria Morenza, tenente de alcalde e principal impulsora desta iniciativa.