O concello de Barbadás renovará o centro social de Sobrado do Bispo para mellorar unhas instalacións que presentan numerosas deficiencias na actualidade.
Unha inversión de 123.000 euros permitirá adaptar o local social de Sobrado do Bispo ás necesidades de seguridade, climatización e accesibilidade necesarias para un correcto uso.
Barbadás renovará o centro social de Sobrado do Bispo
O local, con 146 metros cadrados de superficie, é utilizado pola Coral Voces e Cordas para realizar os seus ensaios. Entre os problemas que ten esta instalación están as humidades, unha instalación eléctrica deficiente ou a falta dun acceso adecuado para as persoas con discapacidade.
Coa inversión prevista polo concello, levaranse a cabo as seguintes actuacións:
- Renovación do acceso principal
- novos aseos accesibles
- renovación da cuberta e a fachada
- renovación da instalación eléctrica
- instalación dun novo ceo raso con illamento térmico
- renovación da instalación de fontanería