Noticias

O BNG denuncia que o Concello modifica a RPT sen negociación sindical

O BNG de Ourense denunciou a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) que o Goberno local levará este xoves á Xunta de Goberno Local.

Consideran que se está tramitando sen pasar pola Mesa Xeral de Negociación e que supón unha reforma da estrutura municipal.

O BNG denuncia que o Concello modifica a RPT sen negociación sindical

Segundo trasladou o grupo nacionalista nun comunicado, a modificación da RPT número 5/2025, relativa á reorganización e normalización das xefaturas de servizo, vai máis alá dunha simple reorganización administrativa.

O BNG denuncia que o Concello modifica a RPT sen negociación sindical

Luís Seara, portavoz municipal e candidato nacionalista, sostén que a proposta implica a supresión de postos existentes e a creación doutros novos.

O BNG afirma que a reforma contempla a eliminación da maior parte das xefaturas de servizo. Esta modificación afecta a áreas como Formación Ocupacional e Promoción Económica, Turismo e Termalismo, Educación, Cultura, Xuventude e Participación, Benestar Social, Administración Xeral ou Fiscalización. Segundo a formación, o obxectivo sería crear macroxefaturas con máis competencias e maiores retribucións.

Seara asegura que estas modificacións «estanse facendo á marxe da Mesa Xeral de Negociación«. Entende Seara que non se trata dunha simple reorganización, senón dunha modificación da RPT que debería ser negociada coa representación do persoal.

Na súa valoración, o portavoz nacionalista acusa o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, de impulsar unha estrutura administrativa na que «cada vez máis persoas acumulan máis poder» e de utilizar os novos postos para premiar ao persoal afín ao Goberno local. O BNG sostén que a medida busca incrementar o control interno da administración municipal e non mellorar o seu funcionamento.

Botón volver arriba