O BNG denuncia impagos no guindastre do Concello de Ourense e alerta da precariedade do servizo. A formación compareceu en rolda de prensa para expoñer a situación do persoal.
O portavoz, Luís Seara, sinalou que os traballadores, condutores, persoal do depósito e recepcionistas, non cobraron a nómina de marzo nin a paga de compensación social.
O BNG denuncia impagos no guindastre
A débeda ascende a uns 2.400 euros por empregado.

Segundo o BNG, a empresa concesionaria Doal xustifica os impagos en que o Concello tampouco lle aboa as cantidades pendentes. Por iso, Seara reclamou explicacións ao goberno local e preguntou cando se resolverá a situación.
Os nacionalistas denuncian que os atrasos nos pagos afectan tamén a provedores, obras e persoal municipal. Ademais, lembran que os traballadores da ORA despedidos en xaneiro seguen sen cobrar, cun proceso xudicial aínda aberto.

