Noticias

O BNG reclama investigar a situación da canceira municipal

O BNG de Ourense esixiu a apertura dunha investigación sobre a xestión da canceira municipal e pediu que a persoa responsable compareza na próxima Xunta de Área para explicar a situación do servizo.

Esta petición chega despois de que a protectora advertise de que non podía recoller máis animais por falta de espazo.

O BNG reclama investigar a situación da canceira municipal

A formación nacionalista asegura que leva tempo solicitando información sobre o funcionamento da canceira e denuncia a falta de datos actualizados. Ademais, rexistrou a petición dunha comisión mixta entre o Concello e PROGAPE, coa participación dos grupos municipais, para analizar a situación.

O BNG reclama investigar a situación da canceira municipal
Erea Blanco. Foto: BNG

A concelleira do BNG Erea Blanco criticou a xestión do convenio coa protectora e afirmou que o incremento dos recursos económicos non se traduciu nunha mellora do servizo. Tamén acusou ao Goberno municipal de desatender o problema.

O BNG defende un modelo máis aberto e transparente, con participación do voluntariado e campañas de sensibilización sobre a adopción e o abandono animal. Segundo Blanco, a canceira permanece “desconectada da cidade e da veciñanza”.

Botón volver arriba