O BNG denuncia a parálise do proxecto do novo edificio administrativo en Ourense, aprobado en 2021 para centralizar os servizos da Xunta e do que, segundo a formación, apenas hai información.
O deputado Iago Tabarés e o portavoz municipal Luís Seara criticaron a falta de avances e transparencia. Seara destacou que no Concello a resposta foi clara: “non sabemos nada”, o que evidencia a incerteza sobre a iniciativa.
O BNG denuncia parálise do edificio administrativo en Ourense
Para esclarecer a situación, o BNG rexistrou novas iniciativas no Parlamento. Tabarés cualificou o proxecto como exemplo de “planificación cero”, lembrando ademais que acumula máis de 30 anos de promesas incumpridas.

O nacionalista tamén cuestionou o uso de fondos públicos, citando investimentos en parcelas e alugueres, e subliñou que, pese a adxudicarse a redacción do proxecto en 2023, “non hai proxecto, non hai licenza, non hai absolutamente nada”.
Desde o BNG reclaman á Xunta información clara, alternativas e un calendario real para unha obra valorada en 24 millóns de euros.

