Noticias

O BNG pide revisar todas as eivas do Estadio do Couto

O grupo municipal do BNG pide revisar todas as eivas do Estadio do Couto unha vez rematadas as obras que realizou a Xunta de Galicia nesta instalación deportiva.

A pesar da inversión realizada duns dous millóns de euros, o Estadio do Couto segue a presentar numerosos problemas.

O BNG pide revisar todas as eivas do Estadio do Couto

«Nós xa advertimos que con esta actuación non se solucionaban as verdadeiras eivas do Estadio pois seguimos tendo problemas estruturais, de accesibilidade e mesmo de seguridade. A Xunta segue a enterrar cartos en reformas que en realidade son parches cando o realmente necesario sería abordar a construción, no propio espazo do actual, dun novo Estadio que responda ás necesidades actuais de clubs e afeccionados» indica Luís Seara, portavoz do BNG de Ourense.

As obras de remodelación que se realizaron tiñan como obxectivo transformar o estadio «nun espazo moito máis funcional e polivalente».

O BNG pide revisar todas as eivas do Estadio do Couto
Foto: BNG de Ourense

Desde o BNG solcitan que «desde o propio CMD se lle dea traslado á Xunta de Galiza de todas as eivas aínda presentes no Estadio así como do descontento xeralizado pola reforma levada a cabo». Entre as deficiencias atopadas están cuestións relativas á seguridade, accesibilidade, iluminación ou megafonía.

Ó mesmo tempo, o deputado no Parlamento de Galicia, Iago Tabarés, presentará «a través dunha Proposición non de Lei que rexistraremos nos vindeiros días no Pazo do Hórreo» as queixas e reclamacións sobre esta instalación.

Botón volver arriba