O BNG de Ourense pide ó grupo de goberno que aporte solucións ó problema coas nóminas dos traballadores municipais.
«A responsabilidade desta chapuza monumental é do actual Goberno» indicou Luís Seara ante esta situación.
O BNG pide solucións ó problema coas nóminas
Sobre a problemática co pago das nóminas, Seara recordou que «non estariamos aquí se non houbera responsabilidade compartida entre os socios daquela PP-DO, quenes, a pesares de advertilos reiteradamente, fixeron caso omiso ás recomendacións dos técnicos, dos Grupos politicos, e dos sindicatos e aprobaron un Orzamento a sabendas de que era ilegal»
Para Seara, esta situación reflicte os problemas económicos que atravesa o concello. «Esta non é máis que a punta do iceberg dunha situación económica delicadísima que pode chegar a afectar ao resto das traballadoras e traballadores municipais e que terá consecuencias para a veciñanza a través dunha suba impositiva tal e como xa adiantou o propio Alcalde».
Avisa Seara que esta situación que sofren Bombeiros e Policías que están percibindo entre 550€ e 700€ menos do que lles corresponde podería afectar ó resto de traballadores. «A situación económica do Concello é tan extrema que está en risco o cobro das nóminas chegados aos últimos meses do ano en curso».