Noticias

O BNG rexeita o Orzamento de Ourense para 2026

O BNG ratificou esta mañá o seu voto en contra do proxecto de Orzamento Xeral do Concello de Ourense para 2026 durante a Comisión de Pleno celebrada no Concello.

A votación do expediente contou co apoio de Democracia Ourensana, a abstención do PP e o voto contrario tamén do PSdeG-PSOE.

O BNG rexeita o Orzamento de Ourense para 2026

O portavoz nacionalista, Luís Seara, asegurou que o expediente presenta “deficiencias importantes”, entre elas a ausencia do informe de fiscalización da Intervención Xeral, que considera preceptivo para levar o documento ao Pleno.

O BNG rexeita o Orzamento de Ourense para 2026

Desde o BNG tamén critican as bases de execución do orzamento por considerar que reducen o control e a fiscalización económica do Concello. Ademais, sinalan que o capítulo de persoal presenta “as mesmas eivas” que outros expedientes anteriores ao non incluír a negociación colectiva coa representación sindical.

Seara deixou claro que a formación nacionalista non apoiará “este xeito de proceder” do goberno municipal.

Botón volver arriba