Noticias

O Concello destaca a mellora do bus urbano en Ourense

O bus urbano mellora segundo o Concello de Ourense, que destaca unha evolución positiva do servizo tras a implantación da nova rede de liñas, con dous meses consecutivos de incremento de usuarios, en marzo e abril.

Desde o goberno municipal sinalan que o sistema actual é “máis simple e eficiente”, con menos transbordos e maior uso por parte da cidadanía.

O Concello destaca a mellora do bus urbano en Ourense

Segundo os seus datos, a nova planificación reduciu os cambios de liña en máis dun 20% e mesmo en máis dun 30% nalgúns meses, o que, sempre segundo o Concello, mellora a experiencia de viaxe e reduce os tempos de desprazamento.

O Concello destaca a mellora do bus urbano en Ourense

A reorganización integral da rede, aplicada en setembro de 2025 baixo o modelo coñecido como big bang redesign, supuxo unha reestruturación profunda de practicamente todas as liñas urbanas. Este tipo de cambios adoita implicar unha fase inicial de adaptación e perda de viaxeiros, mais o executivo local sostén que en Ourense a caída foi limitada e que a recuperación comezou xa na primavera.

Desde o Concello apuntan que a tendencia é ascendente e que se podería superar un incremento do 10% de usuarios. “O deseño é eficiente e avanzamos cara a un crecemento superior ao 10%. Cando rematen as obras na Avenida de Portugal e na rúa Alejandro Pedrosa, entre en funcionamento a liña circular e se recuperen os paneis electrónicos, o sistema dará un novo salto de calidade”, explican fontes municipais.

O goberno local engade que estas melloras permitirían consolidar o servizo nun escenario de maior demanda e reforzar a conectividade da rede de transporte urbano.

Botón volver arriba