Noticias

Novo sentido de circulación en Río Bibei desde o 17 de marzo

A rúa Río Bibei cambiará o seu sentido de circulación desde a noite do martes, 17 de marzo, co obxectivo de mellorar a fluidez do tráfico e optimizar a conexión viaria na contorna.

A medida afectará ao tramo comprendido entre as rúas Río Támega e Alejandro Pedrosa.

Novo sentido de circulación en Río Bibei desde o 17 de marzo

A partir deste cambio, os vehículos circularán en dirección á rúa Alejandro Pedrosa, en lugar de facelo cara a Río Támega, como sucedía ata o de agora. Esta modificación busca favorecer unha mellor distribución do tráfico nunha zona con movemento constante de vehículos.

Novo sentido de circulación en Río Bibei desde o 17 de marzo

O Concello de Ourense solicita á cidadanía que preste especial atención á nova sinalización vertical e ás marcas viarias instaladas para adaptar a circulación ao novo sentido. Ademais, recomenda conducir con precaución durante as primeiras horas de implantación da medida, co fin de evitar posibles incidencias.

Botón volver arriba