Noticias

Barbadás abre o prazo para o campamento de inglés de verán

O Concello de Barbadás organiza unha nova edición do seu campamento de inglés de verán, unha proposta destinada a facilitar a conciliación familiar e fomentar a aprendizaxe do idioma entre os máis pequenos nun entorno lúdico e participativo.

A actividade está dirixida a nenos e nenas nacidos entre os anos 2014 e 2022 e desenvolverase nas instalacións municipais do Parque da Solaina entre os días 22 e 30 de xuño, agás o 24 de xuño, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Barbadás abre o prazo para o campamento de inglés de verán

O campamento contará cun máximo de 40 prazas, sendo necesario un mínimo de 20 participantes para a súa celebración. No caso de que o número de solicitudes supere as vacantes dispoñibles, o Concello priorizará ás persoas empadroadas en Barbadás e aplicará un sistema oficial de desempate. As solicitudes non admitidas pasarán automaticamente á lista de espera.

O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o 18 e o 29 de maio. As familias interesadas poderán formalizar a solicitude tanto de maneira telemática a través da sede electrónica municipal como presencialmente no rexistro do Concello.

A listaxe provisional de admitidos publicarase o 5 de xuño, mentres que a definitiva se dará a coñecer o 16 de xuño. O pagamento da actividade, cun custo de 35 euros por participante, deberá realizarse entre os días 8 e 12 de xuño.

Barbadás abre o prazo para o campamento de inglés de verán

Botón volver arriba