Noticias

A xustiza anula o cesamento da tesoureira de Ourense

A xustiza anula o cesamento da tesoureira municipal de Ourense tras unha sentenza ditada pola sección do Contencioso-administrativo do Tribunal de Instancia, que estima os recursos presentados pola funcionaria afectada e polo Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local.

O fallo xudicial anula e deixa sen efecto o decreto da Alcaldía polo que se acordara o cesamento no posto da Tesouraría Xeral do Concello de Ourense, ao considerar que non se axustaba a dereito.

A xustiza anula o cesamento da tesoureira de Ourense

Ademais, a resolución condena o Concello á reincorporación inmediata da traballadora ao seu posto, recoñecendo tamén o seu dereito a percibir todos os efectos económicos e administrativos derivados desta decisión.

A xustiza anula o cesamento da tesoureira de Ourense

O goberno local xa anunciou que presentará un recurso de apelación ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, co obxectivo de reverter a sentenza.

Botón volver arriba