O concello de Ourense pide a reparación urxente da Avenida de Zamora por parte da Xunta de Galicia, titular da estrada.
Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, indica que o estado da Avenida de Zamora é «terceiromundista» e solicita «unha vez máis» o seu arranxo.
O concello pide a reparación urxente da Avenida de Zamora
Como titular desta estrada, a Xunta de Galicia é a responsable do mantemento e reparación da mesma. Pérez Jácome solicita á administración autonómica «que repare de inmediato o malísimo estado no que se atopa a rúa» tras «anos de descoido».
«Moita xente na cidade queda impresionada polo mal estado da rúa e cre que o Concello é responsable. Temos que deixar claro que o Concello non é responsable da rúa porque a titularidade e a responsabilidade do mantemento é da Xunta de Galicia» destaca Pérez Jácome.