Familias

Concurso de fotografía do Entroido

O Xeodestino «Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia» convoca o concurso online de fotografía do Entroido para promover esta festa.

Este concurso ten como obxectivo promover as figuras máis representativas da provincia. Por ese motivo, unha categoría será específica para os traxes tradicionais do Entroido Ourensán.

Concurso de fotografía do Entroido

Tódolos participantes neste concurso poderán optar por dúas categorías. Na categoría «Traxe tradicional do Entroido Ourensán» optarán a un premio que consiste nunha máscara en alfarería do Felo (Alfarería Agustín, Niñodaguia). O primeiro premio na categoría xeral será un caderno e o xogo de 3 en raia de Inés Rir.

Concurso de fotografía do Entroido

Para participar, os interesados terá que acceder á web https://deallarizamaceda.gal/entroido . Nesa mesma web, poderá realizarse a votación das mellores fotografías.

O Entroido en Ourense destaca por unha inmensa riqueza cultural. Folións, Felos, Cigarróns, Peliqueiros… todos merecedores da mellor fotografía.

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba