Xantar e o Grupo Cuevas convocan unha nova edición do Concurso Gourmet para promover a castaña na cociña e reivindicar os produtos galegos de calidade. O prazo para presentar receitas permanecerá aberto ata o 11 de novembro ás 13:30 h.
O certame celebrarase no marco de Xantar 2026, do 19 ao 22 de novembro en Expourense.
Xantar convoca o XIV Concurso Gourmet Grupo Cuevas
Poderán participar maiores de 18 anos, profesionais ou afeccionados, con receitas que inclúan produtos de Cuevas Marron Glacé ou Cuevas Chef.

Foto: Expourense.
Os tres finalistas elaborarán os seus pratos en directo o 19 de novembro. O gañador recibirá un vale de compra de 300 euros e un lote de produtos Cuevas Chef.

