Noticias

Ourense abre o prazo para o Concurso de Maios 2026 con 42.000 € en premios

O Concurso de Maios e Coplas 2026 do Concello de Ourense repartirá un total de 42.000 euros en premios e axudas, cun prazo de inscrición aberto ata o 23 de abril ás 14:00 h.

O Concello de Ourense vén de convocar unha nova edición deste certame tradicional, que premiará as mellores composicións e coplas da Festa dos Maios 2026, prevista para o domingo 3 de maio.

Ourense abre o prazo para o Concurso de Maios 2026 con 42.000 € en premios

A convocatoria introduce novidades relevantes e incrementa o apoio económico á participación.

Ourense abre o prazo para o Concurso de Maios 2026 con 42.000 € en premios

Entre os cambios máis destacados, as bases establecen dimensións mínimas obrigatorias para os maios —agás na categoría infantil— e reducen a seis o número de estrofas que deberán interpretarse diante do xurado. Ademais, aumenta o orzamento global ata os 42.000 euros, mantendo os premios pero reforzando as axudas directas aos participantes.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 23 de abril ás 14:00 h. As persoas interesadas poden consultar a información e tramitar a súa participación na web municipal e na Concellería de Artes e Festexos.

Categorías e premios

O certame estrutúrase en varias modalidades con diferentes criterios e contías:

  • Maio Artístico: recreacións de escenas, monumentos ou personaxes con elementos tradicionais (mínimo 1x1x1 m).
    1º premio: 1.000 € | 2º: 800 € | 3º: 600 €.
  • Maio Enxebre: figuras tradicionais como pirámides, conos ou cruceiros (altura mínima 1,5 m).
    1º premio: 700 € | 2º: 500 € | 3º: 400 €.
  • Maio Creativo: propostas libres en técnica e materiais (mínimo 1 m).
    Premio único: 500 €.
  • Maio Infantil: dirixido a menores de 18 anos e centros educativos.
    1º premio: 500 € | 2º: 300 € | 3º: 200 €.
  • Mellores coplas (categorías adulta e infantil): valorarase a retranca, o ritmo e o uso da melodía tradicional.
    1º premio: 500 € | 2º: 300 € | 3º: 200 €.

Ademais dos galardóns, o Concello concederá unha axuda de 400 euros por participación a cada maio que cumpra cos requisitos establecidos.

Botón volver arriba