Sucesos

Continúan as agresións á axentes da Policía en Ourense

Continúan as agresións á axentes da Policía Local de Ourense ó rexistrarse unha denuncia por atentado a un axente durante a fin de semana.

Un varón de 37 anos e unha muller de 47 foron detidos esta fin de semana na cidade de Ourense. As detencións producíronse na Glorieta de Pardo de Cela e nos Xardíns do bispo Cesáreo por atentado a un axente.

Continúan as agresións á axentes da Policía en Ourense

Ademais de continuar as agresións ós membros da Policía Local, tamén se produciron varios casos de faltas de respecto ós axentes. En total, catro actas de infracción por falta de respecto e consideración producidas nas rúas Francisco Lloréns, Xardíns do Bispo Cesáreo, Avda. de Zamora e Peña Trevinca.

Continúan as agresións á axentes da Policía en Ourense
Edificio da Policía Local de Ourense

A maiores destes incidentes, os axentes da Policía Local de Ourense levantaron dúas actas de infracción por consumo de drogas na vía pública, 11 positivos por alcoholemia (2 por vía xudicial), 1 positivo por drogas e unha denuncia por conducir sen ter o permiso activo.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.