Xa está controlado o incendio producido en Ribadavia e que afectou aproximadamente unhas 30 hectáreas.
O lume comezou no punto limpo de Ribadavia e puxo en alerta durante toda a noite as localidades de Foz e Santa Cristina. O traballo que todo o dispositivo de extinción realizou durante toda a noite logrou controlar o incendio tras queimar unha superficie de 30 hectáreas.
Controlado o incendio en Ribadavia que afectou unhas 30 hectáreas
Agárdase que durante o día se poida extinguir definitivamente este incendio que afectou ó subministro eléctrico de das parroquias de Prexigueiro e Francelos. No momento que o lume quede extinguido poderase repoñer o normal funcionamento da liña de alta tensión afectada polo incendio.