Noticias

A Avenida da Habana terá restricións ao tráfico por obras

A Avenida da Habana de Ourense rexistrará cortes e restricións puntuais ao tráfico debido á execución de traballos de reparación e mellora do pavimento.

As actuacións desenvolveranse desde o luns 29 de xuño ata o luns 6 de xullo, segundo informou a Policía Local do Concello de Ourense.

A Avenida da Habana terá restricións ao tráfico por obras

Co obxectivo de garantir a seguridade viaria e reducir as afeccións á circulación, a Policía Local solicita aos condutores que extremen as precaucións ao circular pola zona, adapten a velocidade ás condicións da vía e presten especial atención á sinalización provisional instalada durante as obras.

A Avenida da Habana terá restricións ao tráfico por obras

Desde o corpo municipal lembran tamén a obrigatoriedade de respectar en todo momento as indicacións do persoal habilitado pola empresa encargada dos traballos e dos axentes da autoridade que regulen o tráfico.

Ademais, recoméndase á cidadanía evitar, na medida do posible, os desprazamentos en vehículo por esta vía durante os días de execución das obras. Aconséllase planificar os traxectos con antelación e utilizar itinerarios alternativos para minimizar as retencións e os atrasos.

Botón volver arriba