Noticias

O tráfico na Praza de Concepción Arenal cortarase desde as 10:00 h polas Festas de Ourense

A Praza de Concepción Arenal permanecerá pechada ao tráfico desde as 10:00 h deste sábado, 20 de xuño, debido ás actividades programadas nas Festas de Ourense.

A organización adiantou dúas horas o inicio da restrición circulatoria, inicialmente prevista para as 12:00 h, por motivos loxísticos relacionados coa organización dos concertos.

O tráfico na Praza de Concepción Arenal cortarase desde as 10:00 h polas Festas de Ourense

Este corte manterase ata que finalicen os traballos de desmontaxe das infraestruturas instaladas. Estas instalacións acollerán as actuacións de Cantajuego, prevista para as 20:30h, e de Conductores Suicidas, banda tributo a Joaquín Sabina, que actuará ás 0:00h.

O tráfico na Praza de Concepción Arenal cortarase desde as 10:00 h polas Festas de Ourense

O Concello lembra tamén que a rúa Pardo de Cela continúa pechada ao tráfico. Está afectado o tramo comprendido entre a Praza de Concepción Arenal e a glorieta do Mundo. Esta restrición permanecerá vixente ata o luns, 22 de xuño, cando rematen os traballos de desmontaxe dos escenarios situados nas inmediacións do Pavillón dos Remedios.

A instalación das atraccións festivas tamén provocará cortes de tráfico en horario de tarde noutras vías da cidade. Así, o Paseo Ponte Pedriña e a rúa Portocarreiro, no tramo comprendido entre a Travesía Portocarreiro B e a rotonda da rúa Fonte do Bispo, permanecerán pechados desde as 17:00h.

Botón volver arriba