Noticias

As Festas de Ourense 2026 provocarán cortes e restricións de tráfico

As Festas de Ourense 2026 traerán consigo importantes cambios na circulación da cidade debido á instalación de atraccións, escenarios para concertos e á celebración do espectáculo de drons.

A Policía Local deseñou un dispositivo especial que incluirá cortes e restricións de tráfico en diferentes puntos da capital durante varios días.

As Festas de Ourense 2026 provocarán cortes e restricións de tráfico

As primeiras afeccións estarán relacionadas coa montaxe das atraccións festivas, que comezará o luns 15 de xuño. Como consecuencia, o Paseo Ponte Pedriña e a rúa Portocarreiro, no tramo comprendido entre a Travesía Portocarreiro B e a rotonda da rúa Fonte do Bispo permanecerán pechados ao tráfico polas tardes desde o mércores 17 ata o venres 19 a partir das 19:00h. Durante a fin de semana, os días 20 e 21 de xuño, os cortes adiantaránse ás 17:00h.

A instalación dos escenarios obrigará a pechar ao tráfico a rúa Pardo de Cela, entre a Praza de Concepción Arenal e a glorieta do Mundo. O corte será desde as 08:00h do domingo 14 de xuño ata o remate das tarefas de desmontaxe o luns 22.

Tamén haberá restricións de acceso á Praza de Concepción Arenal. O tráfico quedará interrompido desde a rúa Sáenz Díez e a avenida da Habana o venres 19 a partir das 15:00h e o sábado 20 desde as 12:00h. Manteranse os cortes mentres permanezan instaladas as infraestruturas necesarias para os concertos.

As Festas de Ourense 2026 provocarán cortes e restricións de tráfico

Por outra banda, o espectáculo de drons programado para o mércores 17 provocará cortes puntuais de circulación minutos antes das 23:00 h.

As restricións afectarán á rotonda de acceso ao centro coa N-120, onde os vehículos serán desviados pola rúa Castro Canseco. Tamén afectará á N-120 á altura da rotonda coa rúa Pablo Iglesias, canalizando o tráfico pola rúa Díaz de la Banda.

Botón volver arriba