Noticias

Cortes de tráfico en Ourense polo paso de “O Gran Camiño”

Ourense activará un dispositivo especial de tráfico este venres, 17 de abril, polo paso da carreira ciclista “O Gran Camiño”, con cortes desde as 12:30 h ata o remate da proba.

O percorrido entrará desde Barbadás pola Avenida de Celanova e continuará por Marcelo Macías, Progreso, Praza de Concepción Arenal, Pardo de Cela e a N-120 cara a Monforte, afectando ás principais arterias da cidade.

Cortes de tráfico en Ourense polo paso de “O Gran Camiño”

A Policía Local recomenda evitar estas zonas, usar itinerarios alternativos e seguir a sinalización. O tráfico desviarase pola N-525 e vías como Ponte Sevilla, Avenida de Zamora ou a Ponte do Milenio, con restricións en rúa Coruña, Curros Enríquez e Sáenz Díez.

Cortes de tráfico en Ourense polo paso de “O Gran Camiño”

O Concello destaca ademais a reapertura de Pena Trevinca, que servirá como vía alternativa.

Botón volver arriba