A concelleira do PSdeG-PSOE, Cristina Cruz, lamenta a falta de actividades no concello de Ourense polas Letras Galegas.
«As únicas actividades que se levaron a cabo foron a homenaxe que o alumnado de distintos centros da cidade realizou na Praza Maior onte, e cuxa preparación correu a cargo dos e das estudantes e dos seus mestres e mestras, e o Correlingua que se coorganiza xunto A Mesa pola Normalización Linguística, a AS-PG, a CIG e a Deputación» explicou Cruz.
Cristina Cruz lamenta a falta de actividades polas Letras Galegas
A concelleira socialista recorda «a desafección do executivo de Jácome pola lingua e cultura galegas» entre os principais motivos. Tamén valora a coincidencia coa celebración das Festas do Couto. «Non se ía facer porque o que é un acto festivo dese tipo, masivo, coincide coas festas de O Couto».
Continúa Cruz lembrando que é «imprescindible fomentar o coñecemento e uso da lingua galega dende as institucións para contribuír a deter o seu preocupante deterioro. E na nosa cidade nin sequera se vai facer o Día das Letras Galegas».