Noticias

A oposición tumba a cuestión de confianza de Jácome polos orzamentos

O Pleno do Concello de Ourense rexeitou esta mañá a cuestión de confianza vinculada á aprobación inicial dos orzamentos municipais de 2026 presentada polo alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, durante unha sesión extraordinaria e urxente.

Esta proposta non saíu adiante ao recibir os votos en contra dos grupos municipais do PP, PSdeG-PSOE e BNG, que sumaron un total de 15 edís fronte aos 9 votos favorables do grupo de Democracia Ourensana.

A oposición tumba a cuestión de confianza de Jácome polos orzamentos

A negativa do pleno activa agora o procedemento previsto no artigo 197 bis da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG) para as cuestións de confianza vinculadas á aprobación das contas municipais.

A oposición tumba a cuestión de confianza de Jácome polos orzamentos

Deste xeito, ábrese automaticamente un prazo dun mes para que os grupos da oposición poidan presentar unha moción de censura cun candidato alternativo á Alcaldía. O prazo permanecerá aberto ata o vindeiro 22 de xuño.

No caso de que durante ese período non se rexistre unha moción de censura, ou esta non prospere no pleno, a cuestión de confianza entenderase aprobada automaticamente e o orzamento xeral do Concello para o exercicio 2026 quedará aprobado inicialmente.

Botón volver arriba