Noticias

A Deputación mobiliza 27,8 millóns en crédito adicional

A Deputación de Ourense presentará este mércores un expediente de modificación de crédito por máis de 27,8 millóns de euros para reforzar servizos e investimentos ao longo de 2026.

Trátase da primeira modificación do ano e permitirá incrementar a actividade das distintas áreas, tras o axuste inicial do orzamento para financiar o Plan CooperOU.

A Deputación mobiliza 27,8 millóns en crédito adicional

O goberno provincial prevé unha segunda modificación en abril centrada na cooperación cos concellos.

A Deputación mobiliza 27,8 millóns en crédito adicional

O expediente inclúe 19,1 millóns en suplementos de crédito e 8,7 millóns en créditos extraordinarios, financiados co remanente de tesourería.

Principais investimentos

Entre as partidas máis destacadas figuran:

  • Infraestruturas viarias: máis de 5 millóns, elevando o total ata 9,5 millóns.
  • Medio ambiente: 7,5 millóns para residuos, instalacións e flota.
  • Benestar social: 1,3 millóns en programas cos concellos.
  • Cultura e deporte: 1,6 millóns, co plan de lectura (350.000 €) e axudas a técnicos deportivos.
  • Emerxencias: máis de 2,2 millóns para o consorcio provincial, GES e Protección Civil.

Ademais, destínanse fondos á promoción turística a través do Inorde, ao sector agrogandeiro e ao Plan de rehabilitación de vivenda, que acada 1,2 millóns.

Convenios e actuacións

A modificación inclúe convenios coa Xunta de Galicia para o Parque Acuático de Monterrei (2,4 millóns) e para mellorar prazas de abastos. Tamén contempla apoio á UNED, á Universidade de Vigo e programas de emprego como EmprendOU.

Botón volver arriba