A Deputación provincial de Ourense sae ó rescate de Queixume dos Pinos e compromete unha achega económica para «garantir o traballo» desta agrupación.
Unha delegación da Asociación Queixumes dos Pinos acudiu ó Pazo Provincial onde os recibiu o presidente da Deputación, Manuel Baltar.
A Deputación sae ó rescate de Queixume dos Pinos
Durante a reunión, a figura de José Antonio Viñas, recentemente finado, e a continuidade da agrupación estiveron en primeiro plano. «A memoria de José Antonio e todo o que lle debemos polo seu traballo a prol da cultura de Ourense» indicou Manuel Baltar.
Para garantir a continuidade da agrupación, o presidente provincial compromete unha colaboración económica desde a institución provincial. Esta axuda será aprobada nunha próxima modificación de créditos e súmase a outras achegas que a deputación ten realizado a Queixumes dos Pinos nos últimos anos.

Nos anos 2017 e 2018, a Deputación aportou 40.000 euros para gastos de funcionamento da entidade. «Desde a Deputación comprometémonos a garantir a estabilidade de Queixumes dos Pinos» recalcou Manuel Baltar.