Os traballos de escavación que se realizan en Celanova dunha fosa con sete corpos chega 83 anos despois de que foran asasinados.
O 22 de setembro de 1939, sete homes orixinarios de Asturias foron fusilados no cemiterio parroquial de Celanova.
Escavación en Celanova dunha fosa con sete corpos
Un tribunal franquista condenou á morte a estes homes que foron fusilados e soterrados tras sufrir cárcere en Camposancos e na prisión de Celanova. O traballo coordinado por un equipo da USC permitirá a exhumación dos restos

Nomes dos sete homes fusilados en Celanova
- Abelardo Suárez del Busto, 28 anos;
- Alfonso Moreno Gayol, 26 anos;
- Baldomero Vigil Escalera Vallejo, 19 anos;
- Belarmino Álvarez García, 29 anos;
- Guillermo de Diego Álvarez, 25 anos;
- Marcelino Fernández García, 21 anos, e
- Mariano Blanco González, 36 anos