Deportes

Expourense acollerá todos os Campionatos autonómicos de atletismo

Expourense acollerá todos os Campionatos Autonómicos de Atletismo en Pista Cuberta que se celebrarán durante o ano 2024.

Esta decisión consolida o recinto de Expourense como o claro referente de Galicia nesta modalidade ó ser o escenario onde competirán máis de 6.000 atletas durante o ano 2024.

Expourense acollerá todos os Campionatos autonómicos de atletismo

A programación dos Campionatos Xunta de Galicia de Atletismo en Pista Cuberta constan de doce probas nas que están incluídos desde a categoría Sub10 ata atletas Máster. Estas probas foron presentadas en Expourense coa presenza de representantes das distintas administracións involucradas.

Entre os Campionatos a celebrar en 2024, un dos máis destacados é o Campionato Xunta de Galicia Absoluto que terá lugar o 27 de xaneiro.

Expourense acollerá todos os Campionatos autonómicos de atletismo
Foto: Expourense

Calendario de Competicións en Expourense

  • 7 de xaneiro – Copa de Clubs Máster
  • 14 de xaneiro – Copa de Clubs Absoluta
  • 20 e 21 de xaneiro e 3 e 4 de febreiro – modalidade de combinadas
  • 21 de xaneiro – Campionato sub23
  • 27 de xaneiro – Campionato Absoluto
  • 28 de xaneiro – Campionato Máster
  • 10 e 11 de febreiro – Campionatos Sub16 e sub18
  • 24 de febreiro – Campionato Sub20
  • 9 e 10 de marzo – Campionatos sub10, sub12 e sub14

Botón volver arriba