Noticias

Ourense celebra a Festa dos Maios con 42.000 euros en premios

A cidade de Ourense acollerá este domingo 3 de maio unha nova edición da Festa dos Maios, na que o concurso de maios e coplas volverá ser un dos grandes atractivos, cun total de 42.000 euros en premios e axudas destinados a fomentar a participación e manter viva esta tradición.

O certame, convocado polo Concello, establece varias categorías.

Ourense celebra a Festa dos Maios con 42.000 euros en premios

No Maio Artístico, que premia recreacións de escenas cotiás, monumentos ou personaxes con elementos tradicionais, repartiranse premios de 1.000, 800 e 600 euros. Pola súa banda, o Maio Enxebre, centrado nas figuras máis tradicionais como pirámides, conos ou cruceiros, contará con galardóns de 700, 500 e 400 euros.

Ourense celebra a Festa dos Maios con 42.000 euros en premios
Maios 2025

Tamén haberá recoñecemento para a innovación no Maio Creativo, cun premio único de 500 euros. Na categoría Infantil, entregaranse premios de 500, 300 e 200 euros. Ademais, as mellores coplas, tanto en categoría adulta como infantil, recibirán premios de 500, 300 e 200 euros.

Xunto a estes galardóns, o Concello concederá unha axuda de 400 euros a cada maio participante que estea debidamente elaborado, co obxectivo de impulsar a implicación de colectivos e veciñanza nesta celebración de interese turístico de Galicia.

Programación ao longo de toda a xornada

A programación organizada pola Concellería de Artes e Festexos desenvolverase durante todo o día con actividades no centro da cidade. Ás 10:30 h comezará un obradoiro de confección de coroas e peiteados nos xardíns do Padre Feijoo.

Ás 11:00 h iniciarase a exposición dos maios participantes na rúa do Paseo, espazo que tamén acollerá ás 12:00 h o canto de coplas diante do xurado. Entre ambas actividades, ás 11:30 h, terá lugar unha ruada con cabezudos e xigantes acompañados de música tradicional, que percorrerá distintas rúas do centro histórico.

Xa pola tarde, ás 19:00 h, celebrarase na Praza Maior o acto de entrega de premios, seguido da interpretación das mellores coplas. A xornada culminará ás 19:30 h cun concerto de Amancio Prada, que poñerá o broche final a esta festa que dá a benvida á primavera en Ourense.

Botón volver arriba