Eventos

Festas do Corpus en Melón

Xa coñecemos o cartel das Festas do Corpus en Melón que se celebrarán os días 31 de maio e o 1 e 2 de xuño de 2024.

No programa destas festas atopamos varias actuacións musicais, unha xuntanza gastronómica e actos relixiosos.

Festas do Corpus en Melón

Para a primeira xornada das festas, a comisión conta coa participación da Orquestra Marbella e a Disco Móbil Show. O inicio da verbena está previsto para as 22h.

O sábado, 1 de xuño, a veciñanza ten unha cita ás 21:30h para compartir unha cea popular. O menú de bolos preñados, empanada, viño e auga terá un prezo de 8€ en venta anticipada. A partir das 22:30h serán a Orquestra Fania Blanco Show e o grupo Claxxon os que animen a verbena.

Festas do Corpus en Melón

Na terceira xornada das festas de Melón deste 2024 atopamos un pasarrúas coa charanga Os Centellas a partir das 10h e unha misa solemne e procesión ás 12h.

Botón volver arriba