Eventos

Festas do Corpus en Melón

As festas do Corpus en Melón comezarán este venres, 9 de xuño e terán tres días de duración con música, gastronomía e actos relixiosos.

Tania Verias e a discomomóvil Show son as encargadas de por en marcha as festas de Melón de 2023. O venres, 9 de xuño, a partir das 22:30h, ambas formacións animarán a verbena.

Para o sábado, 10 de xuño, a organización das festas de Melón prepara unha cea popular. Con bolos preñados e empanada, será un anticipo da festa que a orquestra Marbella e a Discomóvil Show realizarán despois.

Para o domingo, 11 de xuño, quedará o tradicional pasarrúas e os actos relixiosos nos que participa unha banda de música.

Festas do Corpus en Melón

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.