Eventos

A Follateira 2026 en Ourense: programa completo

As Grandes Festas da Follateira 2026 volverán converter esta fin de semana este barrio de Ourense nun dos puntos de encontro festivo da cidade.

As festas contan cun programa de actividades musicais, pasarrúas e unha concentración de vehículos clásicos que se desenvolverá entre os días 8 e 10 de maio.

A Follateira 2026 en Ourense: programa completo

Esta programación arrancará o venres 8 de maio cun pasarrúas desde as 19:00h. Será a cargo das charangas BCB e Achicoria, que animarán as rúas antes da gran verbena nocturna. A partir das 23:30 h, a orquestra París de Noia será a encargada de poñer a música nunha das citas máis destacadas do cartel.

O sábado 9 de maio a actividade comezará ás 11:00 h co pasarrúas da charanga El Tattoo e dos grupos de gaitas Chimpáfigos e Airiños de Caldelas. Xa pola tarde, ás 17:00 h, haberá festa infantil con inchables e, ás 19:00 h, actuación do grupo musical Xoldra. A verbena da xornada, prevista para as 23:00 h, contará coa orquestra Kubo e coa disco móbil Guámala.

O programa pecharase o domingo 10 de maio, que arrancará tamén ás 11:00h. O pasarrúas será a cargo da charanga Nova de Trives e novamente dos grupos de gaitas participantes. Pola tarde, ás 19:30 h, a orquestra Escaparate despedirá as celebracións.

A Follateira 2026 en Ourense: programa completo

Ademais, unha das novidades desta edición será a I Concentración de coches clásicos e Vespas, prevista para o domingo, unha actividade que busca sumar atractivo a unhas festas xa consolidadas no calendario popular da cidade.

Botón volver arriba