As Festas do Portal en Ribadavia son unha das festas máis agardadas polos veciños e veciñas do Ribeiro para pechar a intensa actividade que se celebra durante o verán.
En Ribadavia, o verán presenta todos os anos varias propostas que atraen a centenares de persoas como é a Mostra Internacional de Teatro ou a Festa da Istoria.
Festas do Portal en Ribadavia
Todas estas propostas contan cun amplo respaldo dos veciños e veciñas que participan activamente en todos estes eventos. Sen embargo, as Festas do Portal ocupan un espazo destacado na axenda da comarca do Ribeiro polo seu arraigo e a devoción á Virxe do Portal.
Programa das Festas de Ribadavia
No programa das Festas do Portal 2024 atopamos numerosas propostas musicais e actividades para todas as idades entre as que destacamos:
Venres, 6 de agosto
- 18h – Tirada de fogos
- 19h – Inauguración da Exposición «Escola Sinsal, historia da música gravada».
- 22:30h – Verbena coa Orquestra Kubo
Sábado, 7 de agosto
- 11h – VIII Xuntanza de Motos Clásicas
- 12h – Desfile de Xigantes e Cabezudos
- 13h – Actividades infantil «Obradoiro vaciapetos»
- 19h Confección da Algombra Floral na honra da Virxe do Portal
- 23h – Verbena co Grupo América de Vigo na Rúa Redondela
Domingo, 8 de setembro
- 10:30h – Procesión da Nosa Señora Virxe do Portal
- 12h – Misa Solemne na honra da Nosa Señora Virxe do Portal cantada polo Coro de Cámara Club Artístico
- 18:30h – «O Xogueteiro» Cé Orquestra Pantasma
- 19h – Tabaleiros da Istoria
- 20h – XXI Festival de Bandas Banda a Lira de Ribadavia
- 22h – Verbena co Grupo Assia na Rúa Redondela
- 00:00 – Gran Tirada de Fogos de Artificio
Luns, 9 de setembro
- 12h – Saída dos Xigantes e Cabezudos
- 18:30h – Misa cantada polo corro Parroquial
- 19:30h – La Duendeneta
- 20:30h – Concerto da Banda de Música de Vilaboa