Eventos

Festival Son do Arnoia 2023

O Festival Son do Arnoia do ano 2023 contará coa presenza de tres grupos que nos farán recordar as cancións de toda unha vida.

Organizado pola Asociación de Veciños de Baños de Molgas, este festival contará coas actuacións de Crónicas Pop, Broken Peach e Gin Toni’s.

Festival Son do Arnoia 2023

O evento terá lugar o venres, 11 de agosto, a partir das 22.30h. Con anterioridade ó inicio do Festival, os organizadores propoñen unha cea popular no Parque Ansuíña. Os prezos da cea serán de 18€ (adultos), 12€ (ata 12 anos) e de balde (6 anos ou menos).

Festival Son do Arnoia 2023

Crónicas Pop

Crónicas Pop é un grupo de Vigo que se caracteriza por interpretar repertorio pop-rock en castelán dos anos 80 en adiante.

Broken Peach

O grupo Broken Peach tamén procede de Vigo e converteuse nos últimos anos nun auténtico fenómeno musical. Os seus vídeos acumulan millóns de visualizacións grazas á frescura e orixinalidade das versións que realizan.

Gin Toni’s

O grupo Gin Toni’s de Ourense é un clásico dos festivais que se levan a cabo na provincia. Liderados por Andrés Montes ofrecen un repertorio que gusta a público de todas las edades.

Botón volver arriba