Eventos

Festival Son do Arnoia 2024

O 16 de agosto terá lugar o Festival Son do Arnoia 2024 na localidade de Baños de Molgas cun atractivo programa de actuacións.

Ademais das propostas musicais, a edición deste ano terá de novo unha cea popular no Parque Ansuíña.

Festival Son do Arnoia 2024

A partir das 20h, o grupo Son do Sil ofrecerá un concerto para dar comezo a este festival. Despois desta primeira actuación, todos os que mercasen o correspondente tícket poderán participar na Cea Popular.

Festival Son do Arnoia 2024

Unha vez rematada a cea, será a quenda dos tres grupos que actuarán a partir das 22:30h. Somoza trío interpretará unha coidada selección de temas dos 80 e 90. BlackStereo aportará as mellores da música Funk, Soul ou Rock & Roll e Dj Zuñiga pechará esta xornada con DMO.

Son do Sil no Son do Arnoia

Blackstereo no Son do Arnoia

Somoza Trío no Son do Arnoia

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.