Noticias

A Fiscalía rexeita acusacións por falsidade e malversación contra Jácome

A Fiscalía presentou un escrito de impugnación no que se opón formalmente ás acusacións de falsidade documental e malversación formuladas pola acusación particular no marco das Dilixencias Previas 674/2025, que se tramitan no Tribunal de Instancia de Ourense.

Segundo se recolle no procedemento, o Ministerio Fiscal xa arquivara en 2025 unha denuncia similar contra o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

A Fiscalía rexeita acusacións por falsidade e malversación contra Jácome

Tras coñecerse esta situación, o rexedor manifestou esta tarde a súa sorpresa polo desenvolvemento do caso e cualificou de “incrible” que, “transcorrido o tempo legal e tras anunciar eu hoxe que a Fiscalía non acusara, agora filtren á prensa que si presentarán o escrito, aínda fóra de prazo, de prevaricación contra min”.

A Fiscalía rexeita acusacións por falsidade e malversación contra Jácome

Pérez Jácome lembrou ademais que o propio Ministerio Fiscal xa arquivara esta mesma causa o pasado ano e restou importancia ao novo movemento procesual. “Non é algo preocupante porque non hai base e quedará en nada”, afirmou, ao tempo que puxo o foco nos “cálculos” e “xiros” que, ao seu xuízo, se están producindo no ámbito xudicial arredor deste procedemento.

Botón volver arriba