Os fogos artificiais das Festas de Ourense ocasionarán importantes restricións de tráfico na cidade este domingo, 21 de xuño.
O dispositivo especial deseñado pola Policía Local contempla cortes en diferentes vías para garantir a seguridade durante a montaxe da infraestrutura pirotécnica e a celebración do espectáculo.
Os fogos artificiais das Festas de Ourense provocarán cortes de tráfico este domingo

O espectáculo pirotécnico afectará á Ponte do Milenio, á N-120 e á Ponte Ribeiriño durante a noite do 21 de xuño.
A principal afectación producirase na Ponte do Milenio, que permanecerá pechada ao tráfico no sentido cara ao barrio da Ponte desde as 7:00 h para facilitar a instalación do material necesario. Posteriormente, a partir das 23:00 h, a ponte quedará pechada á circulación en ambos os dous sentidos.
Ademais, desde as 23:45 h, ampliaranse as restricións de tráfico a outros puntos da cidade. A Policía Local cortará o acceso ao centro urbano desde a A-52, na rotonda de conexión coa N-120, desviando os vehículos procedentes da rúa Castro Canseco por Bispo Lourenzo.
Tamén se interromperá a circulación na N-120, á altura da rotonda coa rúa Pablo Iglesias, canalizando o tráfico por Díaz de la Banda.
Outro dos puntos afectados será a Ponte Ribeiriño, onde se establecerán cortes desde a glorieta de Basilio Álvarez e nos accesos desde Ervedelo.

